Tradución de contido

This page is a translated version of the page Content translation and the translation is 80% complete.
Outdated translations are marked like this.

A ferramenta de Tradución de contido permite aos usuarios crear traducións directamente dende o artigo orixinal e automatiza os pasos tediosos: copiar o texto dende as páxinas do navegador, procurar polas ligazóns e categorías correspondentes, etc. Proporcionando unha experiencia máis fluída facemos que os tradutores empreguen o seu tempo creando contido de gran calidade que se pode ler de xeito natural na súa lingua.

O Tradutor de contidos amosando información sobre unha ligazón no artigo orixe e na tradución.
Introduction to Content translation

A ferramenta, mentres aínda estea en desenvolvemento, está á túa disposición para probala e xa foi empregada para crear milleiros de artigos, mellorando a produtividade dos tradutores.[1][2] O Tradutor de contidos integra ferramentas como dicionarios ou servizos de tradución automática. Estes non están dispoñibles en tódalas linguas, pero a ferramenta será mellorada para incluír máis.

O Tradutor de contidos complementa a extensión xa existente Translate : mentras que o texto dos menús de Wikipedia e outros elementos da interface de usuario son sincronizados pola comunidade usando Traducir, o contido de Wikipedia pode ser traducido usando o Tradutor de contidos.

Ver tamén:

  • Tradución de sección o proxecto aumentará as capacidades de tradución de contido.

The Section Translation initiative expands the capabilities of Content translation. Os tradutores serán capaces de expandir artigos existentes traducindo unha sección nova no móbil e no ordenador. A tradución de seccións forma parte da iniciativa de Impulso, onde podes participar e seguir o progreso.

Proba a ferramenta

Podes acceder á ferramenta dende Especial:ContentTranslation de Wikipedia en calquera idioma. Ó acceder por primeira vez, activará a ferramenta nese wiki.

O Tradutor de contidos está dispoñible como característica beta en tódalas Wikipedias para usuarios rexistrados. Unha vez habilitado, verás puntos de acceso adicionais para comezar a traducir doadamente, dende a túa páxina de "contribucións" ou dende a lista de artigos de Wikipedia noutras linguas se non están dispoñibles na túa lingua. In some languages it must be enabled as a beta feature, and in others it is a usual user preference enabled by default. When it is enabled, you will see additional entry points to easily start a translation from your "contributions" page or from the list of languages of Wikipedia articles when they are missing in your language.

Se tiveches algún problema coa ferramenta ou simplemente queres compartir a túa experiencia como usuario, comparte os teus comentarios na páxina de conversa.

Gravación de pantalla na que se mostra como usar o Tradutor de contidos.

Finalidade da ferramenta

O Tradutor de contidos permíteche crear unha versión inicial dun artigo de Wikipedia sobre a base existente dun artigo noutra lingua. O obxectivo da ferramenta é transferir e adaptar os contidos dun artigo existente a outro novo nunha nova lingua. Permite ós editores reutilizar o máximo contido posible na súa versión inicial para logo seguir editándoo coas ferramentas habituais.

Esperamos que o Tradutor de contidos vos axude a expandir a suma do coñecemento humano a máis linguas. A ferramenta está dirixida ós usuarios que saben dúas ou máis linguas.

Permitirá simplificar o proceso de traducir contidos ós editores. Actualmente, un 15% dos usuarios editan nunha segunda lingua. Estes usuarios multilingües son máis prolíficos que aqueles que só editan nunha lingua, realizando 2,3 veces máis edicións en promedio.[3] Ademais, a ferramenta pretende atraer a novos editores que se poden beneficiar dunha maneira de contribuír de forma máis doada que creando unha páxina dende cero.

A ferramenta está deseñada seguindo os seguintes principios:

  • Aforrar tempo. Axuda ós tradutores a crear contido rapidamente, sen ter que copiar e pegar usando ferramentas externas.
  • Proporcionar axuda. Prevén erros e fai que os usuarios se sintan máis seguros coas súas traducións.
  • Animar a calidade das traducións. A ferramenta debe comunicar de forma correcta o propósito das tradución no contexto de Wikimedia e debe axudar Ó usuario a evitar traducións de mala calidade.
  • Non forzar ó usuario. Dado que os tradutores seguen diferentes patróns de edición, as axudas non deberían entremeterse no proceso de edición.
  • Centrarse no contido. A tradución céntrase máis no contido que en darlle formato ó texto. Os elementos técnicos como o código wiki deben tratarse de maneira que non compliquen a tradución.

Están dispoñibles máis detalles sobre as analíticas consideradas.

Como participar

Todas as páxinas relacionadas

Notas