Editor visual/Portal/TemplateData
Que é TemplateData?
O editor visual, a interface visual para editar as páxinas wiki, inclúe unha ferramenta para editar os modelos de forma doada. Non obstante, co fin de que a ferramenta sexa máis útil, ten que ser capaz de extraer a información do modelo; sobre todo, necesita unha lista de posibles parámetros para o modelo e as súas características.
Sen TemplateData
Sen TemplateData, cada parámetro ten que engadirse manualmente cando se insire un novo modelo. | |
Non se proporciona ningunha información acerca do valor do parámetro. |
Con TemplateData
Con TemplateData, proporciónase unha lista dos parámetros permitidos (e as súas descricións) para o modelo. | |
TemplateData proporciona o contexto para cada parámetro e fai máis sinxela aos usuarios a tarefa de modificar os modelos. |
Engadir TemplateData
Unha das cousas que necesitamos que fagan os voluntarios é engadir TemplateData ós modelos (sobre todo ós máis utilizados, como as caixas de información) para que sexan doados de editar.
A páxina de axuda de TemplateData explica como engadir a información de TemplateData a un modelo.
Probablemente se lle ocorran algúns dos modelos máis importantes do seu wiki; os usuarios experimentados saben moi ben que modelos son de gran axuda e atoparanos inevitablemente cando traten de usalos e descobran que non teñen TemplateData dispoñible.
Pode atopar unha lista xerada automaticamente dos modelos máis utilizados no seu wiki na páxina especial Special:MostUsedTemplates. Se ten interese en obter unha copia da lista en formato wiki (máis doada para a colaboración) podemos construír esa lista para vostede. Por favor, envíe a súa solicitude por correo electrónico a okeyes-arroba-wikimedia-punto-org.